Debate universitario: "40 anos de Galicia na UE"
luns, 04 de maio
|Universidade de Santiago de Compostela
Este debate, organizado por Europe Direct Galicia na Universidade de Santiago, marca o inicio das nosas celebracións polo Día de Europa


Data e lugar
04 de maio de 2026, 12:00 – 14:00
Universidade de Santiago de Compostela, Praza do Obradoiro, 0, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Sobre o evento
Este debate, organizado por Europe Direct Galicia na Universidade de Santiago, marca o inicio das nosas celebracións polo Día de Europa, conmemorando os 40 anos da entrada de Galicia na Unión. Nel participarán Xesús Gamallo Aller, director de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia xunto a numerosos estudantes para analizar o contexto xeopolítico actual, a competitividade europea e a situación social de Galicia tras 40 anos na UE. O encontro estará
moderado pola decana da facultade de Ciencias Políticas, Marta Lois González.


