top of page

Que é Europe Direct Galicia?

EUROPE DIRECT Galicia é un dos centros oficiais de información da Unión Europea en Galicia, xestionado pola Fundación Galicia Europa co apoio da Comisión Europea para o período 2026-2030. Forma parte da rede EUROPE DIRECT en España, integrada á súa vez nunha rede europea de centros presentes en toda a Unión que actúan como principal punto de contacto entre a UE e a cidadanía.

 

O noso propósito é conectar Europa con Galicia, explicar de maneira clara como as políticas e decisións da UE son parte da nosa realidade, achegar á cidadanía as oportunidades que ofrece a UE e crear espazos para informarse, participar e dialogar sobre o proxecto europeo.

EUROPE DIRECT Galicia é o primeiro EUROPE DIRECT de ámbito autonómico na nosa rexión e  e traballa desde unha perspectiva próxima ao territorio, tendo en conta a realidade social, económica e cultural galega e a súa dimensión transfronteiriza con Portugal. 

Que facemos?

Achegamos Europa a Galicia a través da información, as oportunidades, a participación e o diálogo.

Información

Informamos sobre Europa de forma clara, útil e próxima e resolvemos as dúbidas da cidadanía sobre cuestións relacionadas coa UE.

Achegamos as oportunidades que ofrece Europa.

Oportunidades

Creamos e promovemos espazos para falar e participar en Europa.

Participación

Traballamos con docentes, entidades e profesionais para achegar Europa a máis persoas.

Formación e colaboración

APNQkAF3d1F735t61r1nZE6_AwpnRUr5_lxD7zzgiGofet0KhWG2BYUGun8375MDQ1HJ6678LnCioapf1jY-P1a6vN
Equipo Choque de Puños
Personas caminando en interiores
Empleado de oficina
Escena de la conferencia de prensa
Estudiantes caminando al aire libre

Para quen?

EUROPE DIRECT Galicia está aberto a todas as persoas interesadas en coñecer mellor a Unión Europea: estudantes, docentes, profesionais, entidades sociais, medios de comunicación e cidadanía en xeral.

bottom of page