top of page

Europa inviste na súa xuventude: oportunidades para medrar sen fronteiras

Writer: europedirect94
europedirect94
Jul 15
2 min read

Updated: Aug 27

Gabriela Rincón. Europe Direct Galicia

Revista ECO. Xullo 2026



É interesante que, nun mundo onde a información está ao alcance dun clic, moitos mozos europeos aínda ignoren algunhas das oportunidades máis valiosas que a Unión Europea ofrece. Máis alá das institucións, as normas ou os debates políticos, a UE brinda ferramentas concretas para aprender, viaxar, traballar e crecer tanto persoal como profesionalmente.


Quando se pensa na Unión Europea, é común asociala coa burocracia ou as decisións tomadas en Bruxelas. Non obstante, o proxecto europeo, ao que Galicia pertence durante 40 anos, tamén se constrúe a través de iniciativas que achegan ás persoas e permiten a miles de mozos expandir horizontes, descubrir novas culturas e desenvolver competencias esenciais para o futuro.


A través de programas de mobilidade internacional como Erasmus+ e o Corpo Europeo de Solidariedade, a UE ofrece a oportunidade de participar en experiencias enriquecedoras tanto a nivel profesional como persoal. Estes programas promoven o desenvolvemento do capital humano e social, facilitando a mobilidade académica e laboral e fomentando valores como a cooperación, a convivencia e o sentido de pertenza a un proxecto común.


Vivir a experiencia de estudar noutro país ou participar en proxectos de voluntariado no estranxeiro permítenos establecer un contacto directo con outras culturas, favorecendo o desenvolvemento de competencias cada vez máis valoradas nun contexto global. Ademais, participar neste tipo de actividades facilita o aprendizaxe de novos idiomas, a capacidade de adaptación a novos ambientes e a ampliación de relacións interpersoais e profesionais máis alá das fronteiras nacionais.


Do mesmo xeito, a UE amplía as posibilidades de inserción no mercado laboral para os mozos mediante a oferta de prácticas ou bolsas extracurriculares, así como a través da colaboración en proxectos europeos que complementan a formación ao exporse a un entorno laboral onde se desenvolven capacidades mediante experiencias profesionais en contextos reais.


Estas e moitas outras son as oportunidades que a Unión Europea brinda aos seus cidadáns, proporcionando incluso recursos para que mozos en situación de vulnerabilidade poidan acceder, reducindo a brecha social.


Nun contexto internacional marcado pola incerteza, os cambios tecnolóxicos e os desafíos sociais, Europa aposta por unha mocidade máis preparada, conectada e comprometida, ofrecendo máis opcións, máis camiños e máis oportunidades para aprender e comprender a través do intercambio, a cooperación e a apertura ao mundo.

Para quen deciden aproveitalas, a Unión Europea deixa de ser unha realidade afastada e convértese nunha ferramenta de desenvolvemento profesional e, por suposto, persoal.


Fonte: Revista ECO

 

 

 

 
 
bottom of page