Os fondos europeos impulsan o desenvolvemento sostible e a competitividade do medio rural en Galicia
Updated: Sep 17
A financiación europea acelerou o crecemento de Innogando, unha startup galega que crea tecnoloxía intelixente para modernizar a gandería, mellorar a calidade de vida dos profesionais do sector e facilitar o relevo xeracional.
Con máis de 25.000 dispositivos intelixentes operativos en explotacións de España e Portugal, a empresa amosa como a innovación desenvolvida na rexión pode fortalecer a competitividade do sector gandeiro e abrir novas oportunidades para o medio rural.
Como parte das iniciativas para promover os beneficios do orzamento europeo, a Comisión Europea lanza esta campaña rexional para demostrar como a inversión europea impulsa a innovación e xera un impacto tangible nos territorios e na vida das persoas.

Imaxe: Getty Images, 2026
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2026 - O financiamento da Unión Europea está a axudar a impulsar proxectos innovadores en sectores clave que enfréntanse a grandes desafíos de modernización, sustentabilidade e relevo xeracional. En rexións como Galicia, este apoio é especialmente importante para fortalecer actividades relacionadas co medio rural, como a gandería, xerar novas oportunidades económicas e permitir que máis persoas poidan desenvolver o seu futuro sen abandonar o seu lugar de residencia.
Neste contexto, a Comisión Europea, a través da súa campaña: "O Orzamento Europeo, Xuntos Máis Fortes", amosa como a financiación europea promove a innovación e a competitividade en todas as rexións de Europa, apoiando proxectos que teñen un impacto real na cidadanía e no tecido económico local.
Este é o caso de Innogando, unha startup fundada en 2020 en Abadín (Lugo) que transformou unha necesidade cotiá dos gandeiros nunha solución tecnolóxica con proxección internacional. Desde 2021, Innogando obtivo máis de 1,54 millóns de euros de financiamento público vinculado a programas e fondos europeos para proxectos de innovación, dixitalización, desenvolvemento rural, intelixencia artificial, sustentabilidade e creación de emprego, o que lle permitiu desenvolver solucións tecnolóxicas avanzadas para o sector gandeiro e consolidarse como un referente de innovación nacida no medio rural.
Innovación rural como inversión de futuro
As zonas rurais desempeñan un papel esencial para a economía europea e a seguridade alimentaria, pero enfréntanse a importantes desafíos relacionados coa dixitalización, o relevo xeracional e a sustentabilidade. A innovación é unha ferramenta clave para responder a estes retos e fortalecer a competitividade do sector gandeiro.
Con esta visión, Innogando desenvolveu RUMI, un collar intelixente para o gando. A través dunha aplicación móbil, os gandeiros poden coñecer en tempo real a localización dos seus animais, monitorizar a súa actividade e detectar comportamentos relevantes para mellorar a súa xestión e benestar.
A tecnoloxía permite saber se os animais están pastando, descansando, rumiando ou detectar períodos de celo, facilitando unha xestión máis eficiente das explotacións. O resultado é unha mellora da produtividade, unha redución do tempo dedicado a tarefas de vixianza e unha maior calidade de vida para quen traballan cada día no campo.
A innovación desenvolvida en Galicia xa transcendeu o ámbito local. Actualmente, Innogando conta con máis de 25.000 dispositivos activos en España e Portugal, e continúa explorando novos mercados internacionais.
A inversión europea impulsa empresas innovadoras desde o territorio
O crecemento de Innogando demostra como a financiación europea pode acompañar todas as etapas do desenvolvemento dunha empresa innovadora.
Grazas ao apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) e o Fondo Social Europeo Plus (FSE+), a compañía desenvolveu novas aplicacións baseadas en intelixencia artificial, sistemas de monitorización intelixente e solucións de trazabilidade dixital para o sector gandeiro.
Pero o impacto desta inversión vai moito máis aló do desenvolvemento tecnolóxico. Tamén contribúe a fixar poboación, atraer talento, crear emprego cualificado e demostrar que é posible innovar, emprender e competir internacionalmente desde pequenas localidades rurais.
Tecnoloxía para mellorar a calidade de vida de quen viven do campo
O impacto da innovación enténdese mellor cando se observa no día a día das persoas que traballan no sector gandeiro. É o caso de Simón Gandeiro, enxeñeiro agrícola e gandeiro de Val do Dubra (A Coruña), quen incorporou os colares intelixentes de Innogando grazas a unha axuda financiada con fondos europeos.
Até entón, gran parte da súa xornada transcurría percorrendo a explotación para comprobar o estado do gando. Hoxe pode consultar dende o seu teléfono móbil onde se atopa cada animal e coñecer o seu comportamento en tempo real. Esta transformación permítelle optimizar o traballo diario, reducir desprazamentos innecesarios e dispoñer de máis tempo para conciliar a súa vida profesional e familiar.
Ao mesmo tempo, ferramentas como RUMI fan que a actividade gandeira resulte máis atractiva para as novas xeracións, favorecendo o relevo xeracional e contribuíndo a que máis mozos poidan desenvolver o seu proxecto de vida no entorno rural. Este tipo de iniciativas contribúen aos obxectivos da estratexia Dereito a Quedarse da Comisión Europea, que busca crear as condicións necesarias para que as persoas poidan elixir permanecer nos seus territorios, xerando oportunidades de emprego, innovación e desenvolvemento sostible nas zonas rurais.
Innovación local con impacto europeo
Proxectos como Innogando demostran que as solucións desenvolvidas desde o ámbito local poden responder mellor ás necesidades da cidadanía e do tecido empresarial, xerando un impacto que transcende o territorio onde nacen.
A inversión europea impulsa a innovación que fortalece a competitividade das zonas rurais. Innovar no campo é investir no futuro de Galicia, de España e de Europa, favorecendo un crecemento máis equilibrado, sostible e resiliente.
Sobre este punto, María Canal, portavoz da Comisión Europea en España, destacou como “La calidade de vida que disfrutamos en Europa debe moito ao campo e queremos mantelo moi vivo. As zonas rurais ocupan máis do 80% do territorio e nelas constrúe a súa vida un 30% da poboación. Son clave para a nosa seguridade alimentaria, o noso crecemento económico e a xestión sostible dos recursos naturais. O proxecto Innogando demostra que o orzamento da UE aposta (e seguirá apostando) por dar aos mozos a posibilidade de realizar o seu proxecto vital nelas”.
Galicia, exemplo do impacto da inversión europea
Galicia é unha das rexións, xunto con Madrid, Cataluña e Castilla La Mancha que forma parte actualmente da campaña O Orzamento Europeo, Xuntos Máis Fortes impulsada por a Comisión Europea en España para mostrar como o orzamento europeo mellora a vida das persoas mediante proxectos que xeran innovación, emprego e desenvolvemento económico en todo o territorio.
A campaña pon o foco nas persoas que fan posible esa transformación. Neste caso, Daniel Ferreiro e Elio López, fundadores de Innogando, xunto co gandeiro Simón Gandeiro, representan como a innovación desenvolvida desde o medio rural pode fortalecer a competitividade do sector gandeiro, facilitar o relevo xeracional e contribuír a construir comunidades rurais máis resilientes e sostibles.
“Innogando naceu ao ver que moitos gandeiros como meus pais e os pais do meu socio Elio, seguían afrontando problemas que a tecnoloxía podía axudar a resolver. Desde Galicia decidimos crear unha solución pensada desde o campo e para o campo, capaz de ofrecer información sobre a localización, a saúde e o comportamento dos animais. O apoio da Unión Europea foi fundamental para converter aquela idea nunha tecnoloxía que hoxe axuda a miles de gandeiros a traballar con maior tranquilidade, tomar mellores decisións e demostrar que innovación, tradición e futuro rural poden avanzar xuntos” subliñou, Daniel Pardo Rus, CTO de Innogando.









