top of page

Europe Direct Galicia achega a dimensión europea ao Nexus Event ODS «Impulsa o teu futuro»

Writer: europedirect94
europedirect94
Jun 15
1 min read

A xornada, organizada pola UNED A Coruña, reuniu a estudantes e persoas interesadas en coñecer novas oportunidades profesionais, formación e vías de acceso ao mercado laboral


O pasado 16 de xuño, Europe Direct Galicia participou no Nexus Event ODS «Impulsa o teu futuro», organizado pola UNED A Coruña, un encontro destinado a achegar á mocidade novas oportunidades para o seu desenvolvemento académico e profesional.


A xornada ofreceu ás persoas participantes a posibilidade de coñecer empresas e entidades, descubrir ofertas de emprego e prácticas, participar en actividades de networking e asistir a charlas orientadas a inspirar e facilitar a incorporación ao mercado laboral.


Neste contexto, Europe Direct Galicia estivo presente para achegar a dimensión europea ao encontro e informar sobre as oportunidades que ofrece a Unión Europea no ámbito do emprego, as prácticas e o desenvolvemento profesional.


A participación permitiu poñer en común diferentes vías para ampliar a experiencia e a formación máis alá das fronteiras, así como destacar as posibilidades que o espazo europeo ofrece á mocidade galega.



 
 
bottom of page